Inicio Carballo ao día Axenda Ángel Carracedo pecha o Programa de...

Ángel Carracedo pecha o Programa de Educación Familiar de Aloumiños

Venres 26 de febreiro do 2021 20.30 horas - Sesión online Participación veciñal

O Programa de Educación Familiar da asociación Aloumiños, que este ano se desenvolve telematicamente por mor da situación sanitaria, chega á súa fin. Na oitava e última xornada, titulada Enfermidades raras, participará o doutor Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e membro do Comité do CIBER de Enfermidades Raras. Ten publicados 8 libros e máis de 800 artigos en revistas internacionais. As súas principais liñas de investigación inclúen a xenética do cancro e das enfermidades psiquiátricas en idade infantil, as enfermidades raras e a farmacoxenómica.

Podes inscribirte na ligazón inferior.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D