Chega a Carballo a campaña "Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual"
Venres 18 de decembro do 2020 16.00 a 20.00 horas - Rúa Coruña
A montaxe da campaña de información e sensibilización Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual chega a Carballo para sensibilizar á poboación sobre a necesidade de derrubar estereotipos de xénero e comportamentos que poder conducir á violencia.
Nas instalacións que se poderán visitar na rúa Coruña, en horario de 16.00 a 20.00, ofrécese á cidadanía a posibilidade de tomar parte en obradoiros de sensibilización e actividades lúdicas, sempre cumprindo con toda a normativa de prevención contra a COVID-19.
Todos os talleres son inclusivos e están dirixidos a todas as idades. No caso do público infantil, hai un espazo especial destinado a dinámicas adaptadas á súa realidade. Os obradoiros están divididos en áreas de traballo con contidos concretos co obxectivo de sensibilizar á poboación contra a violencia sexual. Entre as temáticas que se abordan destacan o desmantelamento de estereotipos de xénero co obxectivo de combater o sexismo desde a infancia; mitos sobre o amor; alerta de micromachismos; a parella e a igualdade; autoestima e valoración persoal; violencia e novas tecnoloxías; educación en igualdade, e a importancia de estar informados.
Organiza: Xunta de Galicia
Colabora: Concellaría de Igualdade do Concello de Carballo