Carballo acolle a última representación de "Fillos do sol"
Venres 18 de decembro do 2020 20.30 horas - Pazo da Cultura Cultura
Fillos do sol é unha coprodución do FIOT e de Contraproducións que se estreou na edición 26 do festival no ano 2017, e que rendeu homenaxe ao escritor Eduardo Pondal no 100º aniversario do seu pasamento e que regresa a Carballo para realizar a súa última función e celebrar o seu éxito de funcións e público asistente na escea galega.
Esta elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Os Eoas, está a cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática. O bardo bergantiñán, xa octoxenario e comesto pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas, tendo por interlocutores un personaxe nacido da súa perturbación e a xove criada da pensión na que está albergado (papel interpretado pola actriz carballesa Alba Bermúdez).
Intérpretes: César Cambeiro, Adrián Ríos e Alba Bermúdez
Escenografía e vestiario: Carlos Alonso
Iluminación: Afonso Castro
Composición musical e espazo sonoro: Guillerme Fernández
Deseño Gráfico: Juan Gende
Axudante de dirección e xefa de produción: Belén Pichel
Texto e dirección: Cándido Pazó
Público: xuvenil e adulto
Duración: 75 minutos
Entrada libre: máximo 54 persoas
Reserva de entradas: culturaentradas@carballo.gal
Colabora: Concello de Carballo
Patrocina: Secretaría de Política Lingüística da Xunta de Galicia a través do Fondo Proxectos Culturais Xacobeo 2021