Inicio Carballo ao día Axenda "Carapuchiña" protagoniza as...

"Carapuchiña" protagoniza as últimas funcións "Ao redor dos muros en Nadal"

Martes 8 de decembro do 2020 18.00 e 18.30 horas - Mercado Municipal Cultura

Durante toda esta ponte estase a celebrar a primeira tanda de representacións teatrais "Ao redor dos muros en Nadal", nunha serie de citas dirixidas a público familiar para que podan gozar con seguridade destas datas, e que neste caso están inspiradas nas obras de arte de Derrubando Muros con Pintura.

As últimas funcións, coordinadas por Galeatro e interpretadas por actores e actrices de Vagalume Animación, terán lugar o martes 8 na planta alta do Mercado Municipal. O público poderá ver a peza "Carapuchiña", inspirada no mural Carapuchiña Feroz, situado na parte posterior da Ludoteca Municipal.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31