Inicio Carballo ao día Axenda A compañía galega Exire presenta o...

A compañía galega Exire presenta o espectáculo "Médula"

Domingo 6 de decembro do 2020 20.00 horas - Pazo da Cultura e streaming Cultura

Dúas mulleres de distintas xeracións, póñense na pel dunha e á vez de moitas mulleres, que dende o seu instinto e forza conseguen trazar un camiño na procura da súa liberdade e felicidade, asomándonos a vivencias máis duras e a outras máis doces. A compañía Exire presenta o espectáculo Médula, unha peza que fala das pegadas que vai deixando cada muller aquela que precedeu, unha ollada ao mundo instintivo, feminino e salvaxe.

Creación, coreografía, interpretación e vestiario: Alba Fernández e Ana Beatriz Pérez
Asesoramento coreográfico: Armando Martén
Espazo sonoro e asesoramento musical: María Move
Percusión batá: Alexis Fernández
Pandeireta: Halimah Shalabi.

  • Duración: 90 minutos
  • Público: adulto
  • Entradas: 4 € / 3 €
  • Venda de entradas o mesmo día da función na billeteira do Pazo da Cultura desde 60 minutos antes do inicio da actuación. A venda realizarase por orde de chegada e só poderán adquirirse dúas entradas por persoa. Debido ás restricións sanitarias poñeranse a disposición do público 30 entradas de cada espectáculo.
  • Retransmisión gratuíta en streaming nas seguintes redes sociais: YouTube do Concello de Carballo, Facebook de Cultura Carballo e Facebook de Concello de Carballo.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D