Inicio Carballo ao día Axenda "Leira", o último de Nova Galeza...

"Leira", o último de Nova Galeza de Danza, na Primavera enDanza en Outono

Sábado 28 de novembro do 2020 20.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza con música en directo, da man da intérprete galega, Rosa Cedrón, que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica, entre o sol e a choiva, entre crúas paisaxes de intemperie habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, que danzan entre os surcos arados da terra.

A compañía Nova Galega de Danza presenta un espectáculo no que a danza é moi física e onde se fusiona o tradicional co contemporáneo. A composición musical deste espectáculo está realizada polo compositor carballés, Sergio Moure, que ten creado numerosas bandas sonoras para cine, televisión, así como en series e documentais.

Dirección artística e escenografía: Jaime Pablo Díaz
Coreografía: Iker Gómez
Intérpretes: Inés Vieites, Estefanía Gómez, Iván Villar, Pablo Sánchez, Ricardo Fernández e Uxía Rivas
Composición musical: Sergio Moure
Voz e música en directo: Rosa Cedrón
Deseño de iluminación: Antón Cabado
Son: Alberto Beade
Vestiario: Erica Oubiña

  • Duración: 60 minutos
  • Público recomendado: xuvenil e adulto
  • Entradas: 5 € / 3,5 € 
  • Venda de entradas o mesmo día da función na billeteira do Pazo da Cultura desde 60 minutos antes do inicio da actuación. A venda realizarase por orde de chegada e só poderán adquirirse dúas entradas por persoa. Debido ás restricións sanitarias poñeranse a disposición do público 30 entradas de cada espectáculo.
  • Retransmisión gratuíta en streaming nas seguintes redes sociais: YouTube do Concello de Carballo, Facebook de Cultura Carballo e Facebook de Concello de Carballo.

Vídeos

Compartir:


- 2024 +
- Outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
3