A Ruta das Férvedas pecha o "Outono en marcha" de Senda Nova
Domingo 29 de novembro do 2020 Saída ás 08.15 - Rúa Venezuela Deporte
A Asociación Ambiental Senda Nova pecha o seu "Outono en marcha" cun percorrido de 15 quilómetros pola Ruta das Férvedas, que abrangue dende o barrio da Brea ata San Paio de Entrecruces.
A saída das persoas participantes realizarase ás 08.15 horas dende a rúa Venezuela.
A Depresión Meridiana guía o percorrido dende Carballo ata a férveda de San Paio. Corredoiras cheas de encanto para unir saltos de auga formados pola citada valgada que percorre Galicia de norte a sur. Construcións relixiosas como as igrexas de Ardaña ou Entrecruces dividen un sinxelo itinerario a cabalo entre a montaña e os fértiles vales destas dúas parroquias e tamén da de Rus. O templo desta tamén nos acolle, e pasa por ser dos máis importantes da bisbarra, sorprendendo pola súa beleza e unha envexable grandiosidade multiplicada polo estratéxico do emprazamento.
Prazas limitadas.
Participación de acordo ás medidas de prevención da COVID-19 en vigor.
Inscricións (ata 2 días antes da ruta):
- Base de Protección Civil de Carballo. Edificio do Ambulatorio vello, 2º andar: luns a venres de 9:30 a 13:30h
- Museo de Bergantiños: mércores de 17 a 19h
- Espazo da Natureza de Oza: xoves e venres de 17 a 20h.
www.sendanova.org
asociación@sendanova.org
Teléfono 611037617