Inicio Carballo ao día Axenda Carballo participa un ano máis na xornada...

Carballo participa un ano máis na xornada de limpeza simultánea de ríos

Domingo 27 de setembro do 2020 11.00 horas - A Ponte de Bértoa

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

A XIII Limpeza SimultáneaMóllate polos ríos” se celebrará este ano en 49 concellos de toda Galiza, e participarán máis de 58 entidades (asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…). Algúns destes grupos xa participaron nas limpezas de anos pasados e outros son grupos participantes no Proxecto Ríos. Tamén hai novas entidades que se sumaron por primeira vez a esta duodécima edición. A limpeza será o 27 de setembro e mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 49 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.

En Carballo, a limpeza realizarase no río Anllóns, partindo da Ponte de Bértoa. Os/as voluntarios/as serán agasallados cunhas máscaras co lema da limpeza. Respectaranse tamén as indicacións pertinentes en relación á situación de pandemia provocada pola COVID-19 dependendo da situación sanitaria de cada zona. Dende o Proxecto Ríos recoméndase que  os grupos sexan de 10 persoas como máximo e se respecte sempre que sexa posible unha distancia de 1,5 m. O uso de máscara será de obrigatorio para todas as persoas participantes. Cada persoa voluntaria deberá levar as súas propias luvas.

Inscricións: 651 482 305 ou m.canedo@udc.es

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D