Inicio Carballo ao día Axenda Carballo celebra por primeira vez o Día...

Carballo celebra por primeira vez o Día sen Coches

Domingo 20 de setembro do 2020 10.00 a 22.00 horas - Barrios de Carballo

Carballo celebra por primeira vez o Día sen Coches dentro da Semana da Mobilidade. Dende as 10:00 ata as 22:00 horas permanecerán pechadas ao tráfico rodado varias rúas, que se converterán en espazos peonís e de ocio con distintas actividades: módulos tipo skatepark para uso con patinetes e bicicletas, pintado de xogos no chan, actividades deportivas...

As rúas que estarán cortadas son as seguintes:

  • Vila de Laxe
  • Eduardo Pondal
  • Concepción Arenal, Cervantes e Valle Inclán (dende o cruce con Rosalía de Castro)
Na rúa Vila de Laxe haberá unha exhibición de zumba pola mañá na que tamén podes participar en grupos reducidos: a partir das 11:00 horas, para nenos e nenas, e a continuación, para maiores. Inscríbete enviando unha mensaxe de WhatsApp ao número 664 821 005.

Respecta as medidas de prevención: uso de máscara, distanciamento...

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D