Inicio O Concello Axenda institucional Inauguración do Monumento ao Pan, do...

Inauguración do Monumento ao Pan, do escultor Acisclo Manzano

Mércores 26 de agosto do 2020 13:00 horas - Parque Rego da Balsa

Grazas a unha iniciativa conxunta do Concello de Carballo e a Agrupación Cultural Lumieira, a nosa vila continúa a encher de arte o espazo público e, ao mesmo tempo, rende homenaxe a un produto gastronómico que nos identifica e nos dá sona en toda Galicia: o pan. O mércores 26 de agosto será inaugurado o Monumento ao Pan, obra dun dos escultores máis prestixiosos de Galicia, Acisclo Manzano, que decora dende fai xa uns meses o Parque Rego da Balsa.

O acto inaugural, previsto para as 13:00 horas, está aberto a toda a cidadanía. Xunto ao escultor ourensán estarán o alcalde, Evencio Ferrero; membros da corporación, representantes da agrupación Lumieira, entre eles o historiador e cronista carballés Xan Fraga, autor dunha breve publicación que se distribuirá no acto, e todos os veciños e veciñas que queiran sumarse. 

Compartir: