Inicio Carballo ao día Axenda XIII Marcha Cicloturista a Bergantiños

XIII Marcha Cicloturista a Bergantiños

Domingo 15 de marzo do 2020 10.00 horas - Pavillón Vila de Noia Deporte

Os amantes da natureza e a bicicleta están de parabéns porque este domingo regresa todo un clásico do calendario deportivo: a XIII Marcha Cicloturista a Bergantiños, unha iniciativa do Club Ciclista Carballo que permitirá a un máximo de 150 deportistas maiores de 15 anos gozar dunha ruta de 85 quilómetros por algunhas das paraxes máis espectaculares do litoral bergantiñán.

A Marcha será de velocidade controlada, de xeito que o pelotón vaia agrupado ao longo de todo o percorrido e cunha velocidade media estimada de 26 Km/h. Nas subidas dende O Couto ao miradoiro do Monte do Faro de Brantuas, onde se realizará o avituallamento, e de Razo a Oza, para facilitar que cada participante suba ao ritmo que lle resulte máis axeitado haberá dous tramos libres, de carácter non competitivo.

O punto de partida será no pavillón Vila de Noia de Carballo, onde estará situada a oficina permanente. A entrega de dorsais realizarase de 08:00 a 09:00 horas, e a saída será ás 10:00. A organización terá persoal auxiliar en cruces, así coma motos de enlace e vehículos de apoio, ambulancia e médico, e contará coa colaboración de Protección Civil, Garda Civil de Tráfico e Policía Local.

O percorrido comezará en Carballo e continuará por Buño, Ponteceso, Brantuas, Malpica, Razo, Imende, Razo e Carballo: 85 quilómetros en total. A marcha non é competitiva, pero ao final, ademais de aperitivo, haberá obsequios para o club máis numeroso, o máis lonxano e, a nivel individual, participantes de maior e menor idade nas categorías masculina e feminina. Vémonos na saída!

Organiza: Club Ciclista Carballo 
Colaboran: Concello de Carballo, Federación Galega de Ciclismo, Construcciones Vázquez y Reino e empresas da zona

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D