Inicio Carballo ao día Axenda A recoñecida youtubeira Isa Shopaholic...

A recoñecida youtubeira Isa Shopaholic ofrecerá un obradoiro sobre redes sociais

Sábado 22 de febreiro do 2020 De 11.00 a 13.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

A recoñecida youtubeira e blogueira experta en redes sociais, máis coñecida como Isa Shopaholic, autora do libro "O galego mola: Palabras da miña vida"(Hércules de Ediciones), será a protagonista do obradoiro sobre redes sociais que imos celebrar na Biblioteca Rego da Balsa o sábado 22, das 11.00 ás 13.00 horas.
 
Nesta ocasión, teredes a oportunidade de coñecer de primeira man os segredos e reviravoltas da rede social máis veterana e unha das pioneiras das comunidades sociais en internet a nivel mundial: Facebook.

Se queres aprender todo o que hai que saber sobre esta ferramenta social de mans dunha auténtica experta na materia, anímate e participa! As prazas son limitadas!! 

Contidos.-

-Historia de Facebook, coñecendo a rede social.
-Tipos de usuarios: persoa, grupos ou páxina oficial.
-Darse de alta, configuración de privacidade, cubrir datos...
-Medidas en Facebook, do Muro, das Historias...
-Uso das diferentes opcións (atopar amigos, buscar amigos, explorar, axenda...)
-Fotos (crear álbumes, etiquetar amigos en álbumes, privacidade dos mesmos...)
-Como utilizar Facebook.
-Vídeos e Facebook live.
-Grupos (administradores, xerar conversación)
-Administrar páxina (publicacións, fans, app para administradores)
-Estatísticas das publicacións, alcance, feedback, target...
-Instagram y Facebook.
-Recomendacións e conclusións.  

Público: Público adulto
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo. Inscrición previa (981 758 580)
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir:


- 2020 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
17
18
19