Inicio Carballo ao día Axenda Concerto de viola e violín en Berdillo...

Concerto de viola e violín en Berdillo polo 30º aniversario do CMUS

Mércores 12 de febreiro do 2020 20.00 horas - Centro Social Berdillo Cultura

Con motivo do seu 30º aniversario, o Conservatorio Profesional de Música de Carballo segue a súa andaina polas parroquias do municipio coa intención de abrir o centro aínda máis á cidadanía a través dun ciclo de concertos en diferentes centros sociais. 

Tras o éxito que obtiveron o pasado día 30 en Sofán os alumnos/as de saxo e clarinete, este mércores será a quenda dos/as estudantes de viola e violín do CMUS que farán parada o local social de Berdillo.

Ardaña, Cances, Imende-Noicela, Oza e Bértoa serán as seguintes paradas que realizarán os 201 alumnos/as que este ano forman parte do Conservatorio Profesional de Música de Carballo, para ofrecer á veciñanza unha mostra da súa aprendizaxe. Permanecede atentos/as!

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Conservatorio Profesional de Música de Carballo e Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D