David Kaplun ofrecerá un faladoiro sobre "Novas masculinidades"
Xoves 28 de novembro do 2019 20.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa
Este ano, a Concellería de Igualdade e Benestar e o Centro de Información á Muller elaborou un amplo programa de actividades arredor do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres e Nenas, que se celebra o 25 de novembro, centrado nas masculinidades. E, precisamente, para profundizar nesta temática contaremos con todo un experto na materia, David Kaplun, da Asociación de homes pola igualdade – AHIGE, a quen poderemos ver e escoitar no faladoiro sobre Novas masculinidades que se celebrará este xoves na Biblioteca Rego da Balsa.
Kaplun tamén participará os días 28 e 29 nunha actividade formativa para estudantes que, seguro, resultará do máis proveitosa e interesante.
Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organizan: Concellería de Igualdade e Benestar e Centro de Información á Muller (CIM)