A ratiña Faifá chega de Lonxedetodo disposta a educar para a paz
Mércores 27 de novembro do 2019 17.00/18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura
A ratiña Faifá vivía no Deserto de Palmira, mais tivo que fuxir cos seus pais a causa da guerra. Despois dunha longa viaxe atoparon novamente a paz en Lonxedetodo, onde foron recibidos por todos os seus habitantes cos brazos abertos. Así e todo, senten unha profunda morriña da súa terra!
Nadia AlHariri é a actriz que dá vida á ratiña Faifá porque, ao igual que ela, Nadia tamén sufriu a guerra de Siria en primeira persoa. A súa nai é galega, o seu pai e o seu esposo sirios. Na súa familia vivíronse e vívense todas as calamidades da guerra.
Ninguén mellor que Faifá (Nadia) para falar a nenos e nenas da tristeza da guerra, do valor da paz e do refuxio. Unha sesión que, ademais de entreter, pretende convidar á reflexión sobre a importancia da resolución pacífica de conflictos. O conto Flon- Flon y Musina", da autora polaca Elzbieta, completará esta actividade adicada á dificil tarefa de educar para a paz. Non faltedes!
Público: Infantil e familiar
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo (reserva convite previo)
Organiza: Concellería de Cultur