"Despois das ondas", a viaxe teatral pola vida de María Casares, chega a Carballo
Venres 22 de novembro do 2019 21.00 horas - Auditorio Pazo da Cultura Cultura
Despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito, da soedade, do amor; despois de corenta anos, María Casares regresa á patria da súa infancia nunha xira teatral sen precedentes. A nena creceu para converterse nunha gran actriz da escena e o cine francés, nun símbolo da España refuxiada, nun recordo dunha Galicia perdida na brétema do pasado.
Será precisamente nesa néboa na que a gran Casares deberá perderse para encontrar o significado dunha vida chea de éxitos e pérdidas, na que as pantasmas que resoan na súa memoria lle axudarán a responder á verdadeira razón desta viaxe: quen é María?
Nesta peza teatral, que mestura cine en directo, teatro e música, poderemos percorrer os lugares e os momentos da vida de María Casares durante o seu regreso, tras catro décadas de exilio.
Despois das ondas é un texto de Ernesto Is, gañador do XVIII Premio Rafael Dieste, concedido en 2017 pola Deputación da Coruña, encargada de coproducir a obra xunto a ButacaZero.
Intérpretes: Belén Constenla, Nerea Brey e Sonsoles Cordón; Espazo escénico: Beatriz de Vega; Vestiario: Carlos Pinilla; Iluminación: Javier Quintana; Audiovisuais: Roi Fernández (Sr. Pausa Cinescapismo);Dramaturxia: Ernesto Is; Produción: Esther F. Carrodeguas; Axudante de dirección: Ernesto Is; Dirección: Xavier Castiñeira.
Público: Adulto
Entrada: De balde e libre ata completar aforo
Duración: 60'
Organiza: Deputación da Coruña
Colabora: Concello de Carballo