"7 Limbos", de Alexandre Cancelo e Berio Molina, proxectarase no Galidoc do Casino 1889
Sábado 16 de novembro do 2019 19.00 horas - Casino 1889 Participación veciñal
Dende o pasado día 2 e ata o 7 de decembro, unha das salas do Casino 1889 de Carballo transformarase nunha gran pantalla para acoller a primeira edición do ciclo de documentais galegos GALIDOC, organizado pola entidade carballesa. Durante algo máis dun mes, catro documentais de contido heteroxéneo convidarán á reflexión e a denuncia urbanística e amosarán a biografía dun mito da música galega ou o cine experimental para achegar ao espectador/a novas realidades e espazos para o pensamento crítico. Ademais, en cada proxección contarase coa presenza do director/a do film, que se encargará da súa presentación e posterior debate.
Bota unha ollada á programación que tes por diante!
16 de Novembro: "7 LIMBOS" de Alexandre Cancelo e Berio Molina.
23 de Novembro: "Estruturas: pel contra pel" de Paco Gállego e Xosé Bocixa.
7 de Decembro: "Pucho Boedo: Un crooner na fin do mundo" de Xurxo Souto.
Organiza: Casino 1889