Volve Expo Voda coas últimas novidades en cerimonias e un amplo programa de ocio
Do sábado 9 de novembro ata o domingo 10 de novembro do 2019 De 11:00 a 20:00 horas - 2º andar Mercado Municipal Participación veciñal
Se estás planeando un bautizo, un aniversario ou un casamento, a vindeira fin de semana tes unha cita en ExpoVoda. O Salón Nupcial e Comuñóns que organiza o Centro Comercial Aberto (CCA) acada a súa sétima edición máis forte porque ademais dos 28 expositores, que amosarán todas as novidades en organización e celebración de eventos, ExpoVoda inclúe unha proposta de ocio con degustacións gastronómicas, música, sorteos e tamén a recreación dunha voda.
Dmusik, Interfilm Carballo, Fanucha's creadora de Dozura, Alfombra Roja Zapatería, Bodorrio, Marián Riestra Fotografía, Alonso Moda, Jenifer Vilariño Fotografía, Criss Becerra Fotografía, Mundiviajes, Anim-art, Galimusic, Aturuxo Disco, Retrátate Fotomatón, Sastrería Miguel, Finca Restaurante O Cadaval, Beauty Room, Floriforma, Mmmm! Xeados, Confitería San Luís, VisualK Vídeo, Mon Amic, Aires de novia, Neo Beat Events, Mary Kay, O Recreo Animación, Carla Romalde Música en directo e Pazo de Vilardefrancos serán os establecementos participantes na edición deste ano, que se celebrará no 2º adar do Mercado Municipal. Se estás pensando en casar e simplemente queres coñecer o último en vodas, bota unha ollada ao programa e achégate.
Programa Sábado 9 de novembro
- 11.00 Apertura e inauguración de ExpoVoda
- 13.00 Degustación
- 18.00 Recreación dunha voda civil con música en vivo a cargo de Carla Romalde
- 18.30 Degustación
- 19.00 Concerto a cargo de Os Piñeiros
- 19.30 Sorteo cheque de compra por valor de 150€
- 20.00 Peche
- 11.00 Apertura de ExpoVoda
- 13.00 Degustación
- 18.00 Recreación dunha voda civil con música en vivo a cargo de Carla Romalde
- 18.30 Degustación
- 19.00 Concerto a cargo de Os Piñeiros
- 19.30 Sorteo cheque de compra por valor de 150€
- 20.00 Peche
Organiza: Centro Comercial Aberto (CCA)
Colabora: Concellaría de Prooción Económica