A programación do Outono en Marcha rematará coas "pegadas do volframio"
Domingo 17 de novembro do 2019 08:15 horas - Rúa Venezuela Cultura
A última andaina do programa "Outono en marcha", organizado pola asociación ambiental Senda Nova, inclúe un percorrido pola nosa historia máis próxima a través do negro mineral, tan prezado na 2ª Guerra Mundial.
Monteneme é o balcón principal de todo un itinerario para sacar proveito da atracción ancestral deste espazo. As casas das minas, o Castro do Rodo e, sobre todo, a paisaxe explosiva desde o bico do monte conforman unha das rutas máis fascinantes. Apúntaste?
Público: Todos os públicos
Dificultade: media
Percorrido: 17 kms (Carballo - Malpica de Bergantiños)
Saídas: Concello de A Laracha: ás 08:00 horas
Concello de Carballo: ás 08:15 horas (R/ Venezuela)
Organizan: Asoc. Ambiental Senda Nova e Espazo da Natureza de Oza
Colaboran: Concello de Carballo, Concello de A Laracha, A. Monte Neme e Protección Civil