A 28º edición do FIOT dirá adeus coa posta e escena de "Fariña"
Venres 1 de novembro do 2019 20:30 horas - Auditorio Pazo da Cultura Cultura
O espectador vese involucrado desde o comezo da obra nunha descarga na que ten que participar. O salto ao narcotráfico ocorre no escenario coa mesma soltura ca na realidade. Entre situacións familiares cheas de humor, aparece, coma nesa realidade, a traxedia. Todo cabe sobre un escenario no que se fai un percorrido fiel deste escuro capítulo de Galicia desde un punto de vista único.
Fariña é unha traxedia social contada con humor negro, retranca e drama. Despois do récord de público no teatro galego con Somos Criminais, a produtora de Xosé Touriñán, dá un paso adiante cunha obra de gran formato dirixida por Tito Asorey desde as claves contemporáneas do teatro documento. A obra, comprometida coa nosa realidade, integra documentos reais e ficcións.
Intérpretes: Xosé Antonio Touriñán, María Vázquez, Cris Iglesias, Marcos Pereiro e Sergio Zearreta; Vestiario: Ruth Pereira; Música en directo: Cris Iglesias, Sergio Zearreta, María Vázquez; Espazo sonoro: Santi Jul; Tema orixinal: Novedades Carminha; Deseño de iluminación e audiovisuais: Laura Iturralde; Escenografía: José Faro “Coti”; Dramaturxia: José Prieto, sobre o ensaio de Nacho Carretero; Dirección: Tito Asorey.
Público: Adulto
Entrada: 15 €
Duración: 80'
Organiza: AC Telón e Aparte
Colabora: Concello de Carballo
Programación FIOT28 (Programa de sala)