Inicio Carballo ao día Axenda A Companhía do Chapitô regresa ao...

A Companhía do Chapitô regresa ao FIOT cunha comedia sobre Hamlet

Domingo 27 de outubro do 2019 20:30 horas - Auditorio Pazo da Cultura Cultura

A familia Hamlet ten o pracer de convidalo a tres cerimonias que se desenvolverán ao longo dun só día: o funeral do defunto, que terá lugar no Arquivo Morto; o matrimonio da viúva do defunto, no Salón Nobre; a toma de posesión do noivo da viúva do defunto, no Penthouse. E como entretemento, unha lectura escenificada e moi posiblemente a dó!

Esta comedia visual e física convida á imaxinación do público, trasladando o clásico de Shakespeare á modernidade dunha multinacional. A obra aborda temas como a traizón, a vinganza, o incesto, a corrupción, a moralidade, o abuso e os xogos de poder, o acoso, a inafectividade… Todo un reflexo dunha sociedade autista e deshumanizada. Hamlet, a través do uso de obxectos, desafiará o enxeño dos espectadores, empregando neste caso as garabatas como símbolo de poder.

O humor, a creatividade e o traballo físico son a linguaxe empregada novamente por esta compañía portuguesa, de recoñecemento internacional e asidua ao FIOT.

Intérpretes: Jorge Cruz, Susana Nunes, Ramón de Los Santos e Tiago Viegas; Deseño de luces: José Carlos Garcia; Vestiario: Teresa Machado; Dirección: José Carlos Garcia, Cláudia Nóvoa e Tiago Viegas.
Público: A partir de 12 anos
Entrada: 8€
Duración: 90'
Organiza: AC Telón e Aparte
Colabora:
Concello de Carballo

Programación FIOT28 (Programa de sala)

Compartir:


- 2024 +
- Outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
3