O ciclo OTNI lembrará aos avós en "Conservando memoria"
Sábado 26 de outubro do 2019 20:30 horas - Salón de actos Pazo da Cultura Cultura
Quero colar a través de min os recordos dos meus avós, quero manchar as mans con pementón, azucre e sal”. Isto é que nos di a autora e protagonista desta viaxe polos recordos familiares, pola memoria viva. Ábrenos o corazón para amosarnos con autenticidade, mimo e delicadeza a súa propia historia, facendo unha homenaxe aos seus avós e o seu desexo de conservar a súa memoria.
Este delicioso traballo de El Patio achéganos ao teatro de obxectos, un universo poético e máxico no que os obxectos cobran vida na imaxinación do espectador cunha linguaxe propia que nos falará do que nos importa: de historias que brotan da nosa emoción ante o cotián. A personalidade e sensibilidade das súas obras percorreu xa escenarios de todos os continentes, colleitando numerosos recoñecementos. Conservando memoria foi premiada recentemente na Fira de Titelles de Lleida.
Reparto: Izaskun Fernández; Constrúen, escriben, dirixen, iluminan e xogan: Julián Sáenz-López e Izaskun Fernández.
Público: Xuvenil e adulto
Entrada: 5€
Duración: 45'
Organiza: AC Telón e Aparte
Colabora: Concello de Carballo
Programación FIOT28 (Ciclo OTNI)