Inicio Carballo ao día Axenda Micro-escenas M2 despídese do FIOT coa...

Micro-escenas M2 despídese do FIOT coa 5ª estrea absoluta desta edición

Sábado 26 de outubro do 2019 13.00/13.30/19.00/19:30h - Mercería Paquetería Pilar Mª Cultura

Celina cambia as flores murchas por unhas “nomeolvides” artificiais. As cousas cambiaron moito desde a morte do seu home. O espectador convértese en testemuña do proceso de construción da realidade de ambos os dous viaxando constantemente entre o pasado e o presente. O Silencio das Tartarugas é unha adaptación do monólogo da dramaturga arxentina Lucía Laragione, realizada para unha actriz e dúas bonecas.

Intérprete: María Dobronich;Dirección: Marcos Carballido “Ptt”;Autoría: Lucía Laragione

Público: A partir de 16 anos
Entrada: Libre e de balde. Aforo máx. 10 espectadores/as
Duración: 13'
Organiza: AC Telón e Aparte
Colabora: Concello de Carballo

Programación FIOT28 (Micro-escenas M2)

Compartir:


- 2024 +
- Outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
3