Obradoiro sobre diversidade sexual na adolescencia, con Eli Ríos
Xoves 24 de outubro do 2019 11.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura
A escritora Eli Ríos propón, partindo de DX, a primeira novela galega esrita sen xénero, un obradoiro no que abordaremos a diversidade sexual, a pornografía, as relacións consensuadas e o amor na adolescencia. Desmontaremos os nosos propios prexuízos de xénero para resescribir as nosas historias desde a liberdade. Para iso utilizará, entre outros recursos, DX, a primeira novela do sistema literario galego sen xéreno.
Público destinatario: alumnado dos IES
Duración: 45' cada sesión
Colaboran: Programa Ler Conta Moito e Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero