Inicio Carballo ao día Axenda Teatro en Punto presenta "Margarita",...

Teatro en Punto presenta "Margarita", unha micro-escena de 17 minutos

Sábado 19 de outubro do 2019 18:00/18:30/19:00/19:30 horas - Beni Barbería Perruquería Cultura

Teatro En Punto presenta Margarita, un monólogo de Sonia Barros dirixido por Roberto Leal.  A peza baséase nun artigo de Maruja Torres, publicado no suplemento dominical de El País no ano 1994, e aborda a historia dunha muller para a que só poderiamos ter eloxios desde a comodidade da nosa vida resolta, se non fose porque algo escuro a obrigou a saltar as leis que rexen a nosa sociedade actual. Margarita merecía un destino mellor.

Intérprete: Sonia Barros; Dirección: Roberto Leal; Produción: Gloria Rico
Beni Barbería Perruquería: Rúa Doctor Fleming, 2 – Baixo

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre ata completar aforo (máx. 15-20 espectadores) 
Duración: 17 '
Organiza: AC Telón e Aparte
Colabora: Concello de Carballo

FIOT28 (Micro-escenas M2)

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D