Catro Gatos Teatro achega a Metro cadrado a segunda estrea absoluta desta edición
Sábado 12 de outubro do 2019 13:00/13:30/19:00/19:30 h - Estudio Garabato Cultura
Unha exposición de arte e un home que fala. A través do humor negro, convídase a reflexionar sobre esas persoas anónimas que emigran, que viven coma refuxiados ou que son escravizados.
Invisíbel está creada pola compañía Catro Gatos Teatro, formada no ano 2017 como resposta ao incipiente movemento teatral da comarca de Bergondo.
Intérpretes: Nicole Muíños e Nino García; Autoría e dirección: Arantza Rodríguez.
Público: Todos os Públicos
Entrada: Libre ata completar aforo (10-15 espectadores)
Duración: 15'
Organiza: AC Telón e Aparte
Colabora: Concello de Carballo
Estudio de Arte Garabato (Rúa Santa María nº3 – baixo)
FIOT28 (IIICertame Micro-escenas M2)