Inicio Carballo ao día Axenda Clown, circo e humor na estrea en Galicia de...

Clown, circo e humor na estrea en Galicia de "Calor", de Jean Philippe Kikolas

Sábado 5 de outubro do 2019 20.00 horas - Praza do Concello (zona Mercado Municipal) Cultura

Unha persoa sen fogar, viaxeiro involuntario forzado a deixar a súa casa, obrigado a marchar precipitadamente. A través da combinación maxistral do clown coas artes circenses e o humor como canle, Calor crea un particular universo, onírico e poético, que nos fará imaxinar, sentir, xogar e rir.

Unha obra para todos os públicos, para vivir en proximidade, para sentir o calor das miradas, do alento e do tacto grazas á maxitral posta en escena do polifacético artista Jean Philippe Kikolas.

En caso de choiva, o espectáculo trasladarase ao Mercado Municipal.

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre (previa recollida de convites na Biblioteca Rego da Balsa desde o 28 de setembro)
Duración: 50'
Organiza: AC Telón e Aparte
Colabora: Concello de Carballo

Programación FIOT28 - Teatro de Rúa

Compartir:


- 2024 +
- Outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
3