Inicio Carballo ao día Axenda "OhLimpiadas" para todas as idades na...

"OhLimpiadas" para todas as idades na Praza do Concello coa compañía Sincronacidas

Venres 4 de outubro do 2019 20.00 horas - Praza do Concello Cultura

Pode unha xornada laboral de dúas limpadoras converterse nunha competición deportiva de alto nivel? Aburridas da súa rutina diaria, dúas mulleres adéntranse nun mundo de soños onde a xornada laboral é retransmitida como unha competición olímpica pola coñecida comentarista de TVE Julia Luna.

Comedia e circo únense para crear un mundo absurdo e disparatado en OhLimpiadas, unha peza da compañía Sincronacidas, gañadora do premio FETÉN 2019 ao Mellor espectáculo de rúa.

En caso de choiva, o espectáculo trasladarase ao Mercado Municipal.

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre
Duración: 50'
Organiza: AC Telón e Aparte
Colabora: Concello de Carballo

Programación FIOT28 - Teatro de Rúa

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D