Inicio Carballo ao día Axenda "A familia Papaventos" visita a...

"A familia Papaventos" visita a Ludoteca Municipal

Xoves 3 de outubro do 2019 18:00 horas - Ludoteca Municipal Cultura

O xoves 3 teremos a Charo Pita na Ludoteca Municipal co seu espectáculo "A familia Papaventos", especialmente pensado para nenas e nenos de 1 a 3 anos.

As familias Papaventos que voan polo ceo poden ser de moitos tipos, pero se algo as caracteriza é que están cheíñas de historias e de alegría. Ademais, como viaxan moito, as familias Papaventos coñecen airexas e animais do máis estraños.

Contos sobre a amizade acompañados pola voz e a guitarra de Charo Pita interpretando algunha canción do seu libro disco "No país do vento". Esta actividade está incluída no programa de animación á lectura Ler Conta Moito.

Inscrición previa a partir do día 26 no teléfono 981 75 85 80.

Compartir:


- 2019 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
7
8