Música en galego, teatro, clown e improvisación en "Blues do País"
Venres 27 de setembro do 2019 00:00 horas - O Patacón Cultura
Gustaríache ver a Otis Redding nos peiraos da Coruña, a Etta James mariscando en Cabo da Cruz, a B.B. King nun furancho de Redondela ou a Eric Clapton lendo a Castelao? Todo é posible con Blues do País!
Bieitta James, a grande Diva Rural (Iseo Agilda) e Pepe King, o Bluesmanciño que a acompaña (Brais das Hortas), versionarán, so seu singular estilo, clásicos do blues, soul e rhythm’n blues, entre outros, para adaptalos á retranca galega nun espectáculo de música en directo, e en galego, mesturada con teatro, clown e moita improvisación.
Blues á galega! Oh, yeah! Si, ho!
Público: Adulto
Entrada: Libre
Duración: 60'
Organiza: AC Telón e Aparte
Colabora: Concello de Carballo
Programación FIOT28