Volven os bailes aos centros sociais das parroquias
Do domingo 29 de setembro ata o domingo 3 de novembro do 2019 De 18 a 21 horas - Centros sociais nas parrquias Cultura
En setembro arrinca un novo “curso” tamén para o baile! Ademais dos bailes que se celebran os domingos no Pazo da Cultura, das 17:45 ás 20:45 horas, a Concellaría de Terceira Idade recupera as sesións itinerantes polos centros sociais das parroquias con música en directo. E esta temporada o encargado de poñerlle ritmo ás tardes dominicais será o Dúo Marineda. Aquí vos deixamos o calendario para que no perdades ningunha das citas máis marchosas deste outono. O horario será de 18.00 a 21.00. Tomade boa nota!
- Berdillo: 29 de setembro
- Sofán: 6 de outubro
- Imende-Noicela: 13 de outubro
- Cances: 20 de outubro
- Ardaña: 27 de outubro
- Oza: 3 de novembro
Colaboran: Asociacións e consellos parroquiais