Inicio Carballo ao día Axenda A orquestra Panorama presenta o "Number One...

A orquestra Panorama presenta o "Number One Tour"

Martes 25 de xuño do 2019 00:30 horas - Praza do Concello Cultura

A música dos anos 80, 90 e 2000 encherá o escenario da Praza do Concello da man dunha das orquestras estrela da verbena en Galicia: a Panorama, que chega disposta a facernos bailar co seu "Number One Tour", un espectáculo co que pretenden homenaxear aos mellores artistas e temas que foron "número un" e que forman parte das nosas vidas e dos nosos recordos.

Ademais de contar no seu repertorio cos temas de maior actualidade, os momentos máis divertidos e as ‘performance’ máis espectaculares ás que xa nos ten acostumados a formación liderada por Lito Garrido, a nova xira deixaranos unha montaxe e un escenario totalmente renovados, con efectos audiovisuais do máis alto nivel, marcados pola innovación tecnolóxica e o deseño, un vestiario sorprendente e unha posta en escena do máis impactante que irá sumando novidades. Preparados/as? Pois que dea comezo o show!!

Compartir:


- 2019 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
7
8
11
12
18
19
20
24
25
26
27
28
30