Inicio Carballo ao día Axenda Blas Cantó en concerto

Blas Cantó en concerto

Martes 25 de xuño do 2019 23:00 - Praza do Concello Cultura

Blas Cantó naceu para ser unha estrela, e moi pronto poderás comprobalo en Carballo. O gañador de “Tu cara me suena” no 2017 estará na Praza do Concello o 25 de xuño para ofrecernos un dos dous grandes concertos das festas de San Xoán. Será ás 23.00 horas e de balde, para que todo o mundo poida gozar dun dos artistas do momento.

Non hai máis que botar unha ollada á súa traxectoria para comprobar que a capacidade vocal e a versatilidade que o caracterizan sobre o escenario véñenlle de serie. Aínda que se deu a coñecer ao gran público como un dos solistas da boy band máis famosa do noso país, a súa voz xa comezou a soar nos estudos de televisión hai agora case dúas décadas. Vímolo medrar na pequena pantalla pero o seu gran salto á fama veulle da man da banda española Auryn (2009-2016), coa que actuou en Carballo nas festas do San Xoán de 2015. O seu rostro fíxose coñecido para o gran público grazas ao programa de imitacións "Tu cara me suena", resultando gañador da súa quinte edición. Desde entón, todo o que toca o converte en éxito! Como o seu primeiro disco en solitario "Complicado", que este ano presentará en rigoroso directo sobre o escenario da Praza do Concello. 

A esta carreira de vertixe, Blas Cantó suma novas habilidades como a de actor cómico, nas súas aparicións no programa da TVG "LandRober Tunai Show" e actor de dobraxe, dando voz ao villano Lou en “Ugly Dolls: Extraordinariamente feos”, a nova película de animación de Kelly Asbury.

Compartir:


- 2019 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
7
8