Inicio Carballo ao día Axenda A comisión de festas repartirá...

A comisión de festas repartirá 2.375 € en premios no XXII Descenso do Anllóns

Martes 25 de xuño do 2019 18:00 horas - A Ponte de Bértoa Cultura

O río Anllóns volve a cobrar protagonismo nas festas de San Xoán para acoller un dos eventos máis tradicionais e agardados da programación: o XXII Descenso do Anllóns. A partir das 18 horas, as carrilanas máis divertidas e orixinais descenderán dende A Ponte de Bértoa ata o Parque do Anllóns nun percorrido que volverá congregar a milleiros de carballeses/as e veciños/as procedentes doutros concellos, ansiosos/as por ver as enxeñosas propostas deste ano, entre as que a comisión de festas repartirá un total de 2.375 € en premios e subvencións.

Organiza: A.C. San Xoán e Concello de Carballo
Colabora: Ferretería Arán, 3D3Pádel, Casa Francisco, Deportes San Remo, Castro Parga e Mercadona   

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4
29
30