Clausura da Escola Municipal de Natación con xornadas de portas abertas
Do mércores 19 de xuño ata o venres 21 de xuño do 2019 16.15 horas - Piscina Vila de Noia Deporte
A Escola Municipal de Natación, na que participan 616 nenas e nenos dende os tres anos de idade, chega ao remate do curso despois de nove meses de actividade. Os días 19, 20 e 21 celebraranse as sesións finais, cos horarios habituais, na piscina municipal do complexo deportivo Vila de Noia, con xornadas de portas abertas e entrega de diplomas a todos/as os/as participantes.