Inicio Carballo ao día Axenda Concerto XXXIV aniversario do Coro Aires de...

Concerto XXXIV aniversario do Coro Aires de Bergantiños

Sábado 15 de xuño do 2019 21:00 horas - Pazo da Cultura Cultura

Dentro da programación de San Xoán, o Coro Aires de Bergantiños ofrecerá no auditorio do Pazo da Cultura un concerto, aberto a toda a veciñanza, para conmemorar o XXXIV aniversario da súa fundación. A agrupación, unha das de máis sona e tradición do noso municipio, fará un repaso pola súa traxectoria que combinará coa interpretación dalgunhas das últimas pezas engadidas ao seu repertorio.   

O coro Aires de Bergantiños foi fundado en 1985 polo humorista Carlos "O Xestal"co mesmo obxectivo que segue mantendo vivo a día de hoxe: recuperar, manter e divulgar o folclore tradicional galego. 

Organiza: Coro Aires de Bergantiños
Colabora: Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D