Inicio Carballo ao día Axenda Presentación da obra...

Presentación da obra "Coñecendo a Antonio Fraguas. Roteiros Literarios"

Xoves 16 de maio do 2019 19:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Para conmemorar o 17 de maio, a Concellaría de Cultura organizará na biblioteca Rego da Balsa a presentación literaria da obra "Coñecendo a Antonio Fraguas. Roteiros literarios", de Hércules Ediciones. Ata alí se achegarán unha das autoras, a coordinadora e a editora da publicación para falar da obra do ilustre escritor, historiador e antropólogo, ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.

Neste volume os seus autores/as achégannos á figura de Antonio Fraguas dun xeito dinámico e integrador, mesturando vida e obra. Nel poderemos atopar propostas para realizar distintas rutas literarias polas cidades e lugares que marcaron a súa traxectoria con paradas en puntos clave, datos biográficos, anécdotas e textos literarios. Ademais, nas últimas páxinas aparecen numerosas actividades didácticas para realizar coa rapazada, desde infantil ata bacharelato, e poñer así a proba o seu coñecemento sobre este singular escritor cotobadense.

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Concellaría de Cultura


Compartir:


- 2019 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D