Inicio Carballo ao día Axenda Talía Teatro presenta "Vida de...

Talía Teatro presenta "Vida de Cans", unha comedia de Candido Pazó

Venres 15 de marzo do 2019 21:00 horas - Pazo da Cultura Cultura

Talía Teatro regresa a Carballo cunha traxedia que nunca deixa de ser comedia. Escrita por Cándido Pazó, "Vida de Cans" é unha comedia absurda, paródica e metafórica protagonizada por tres actores, tres cans ou tres actores que fan de cans. Sen deixar de ser actores. Sen deixar de ser cans. Están recluídos nun recinto que lles preparou o seu amo. Moi grande, moi cómodo, moi ameno, moi limpo... pero recinto. Ben tratados, ben atendidos, ben alimentados, ben acariñados... pero recluídos. Fóra do recinto está a liberdade. Cos seus desacougos, as súas incertezas, os seus perigos... pero liberdade.

Intérpretes: Toño Casais, Artur Trillo e Dani Trillo / Vestiario: Martina Cambeiro / Escenografía e iluminación: Dani Trillo / Dirección e autor: Cándido Pazó.

Público: Adulto
Duración: 1 hora e 15 min
Entrada: 3€/2€
Organiza: Concellaría de Cultura

Rede Galega de Auditorios e Teatros

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D