Inicio Carballo ao día Axenda Presentación da nova comisión de...

Presentación da nova comisión de festas do barrio da Milagrosa

Venres 25 de xaneiro do 2019 21.00 horas - Cafetería LB Participación veciñal

Os membros da nova comisión de festas do barrio da Milagrosa de Carballo farán a súa presentación pública e, despois de distribuír os cargos, marcarán a axenda de traballo e actividades que levarán a cabo nos meses que faltan para a celebración das festas, o primeiro domingo de setembro.

Nesta nova comisión participan, entre outros veciños do barrio, Luis Gago, Manuel García (Gorri), José Manuel Lavandeira, Francisco Guitoi, Juan Barca, Luitino Barca, José Antonio Villar e Jesús Raña, xente con ilusión e motivada para impulsar esta emblemática festa.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4