Inicio Carballo ao día Axenda Exposición fotográfica...

Exposición fotográfica "Familias completas, familias incompletas"

Do xoves 10 de xaneiro ata o xoves 31 de xaneiro do 2019 Corredor planta baixa Pazo da Cultura Cultura

Ademais dunha carteleira cos mellores títulos desta edición, o ciclo de cinema euroárabe Amal en ruta achega este mes ao noso concello a exposición fotográfica “Familias completas, familias incompletas”, do fotoxornalista Sergi Cámara. Trátase dunha colección de instantáneas feitas a familias de refuxiados sirios chegadas á Illa grega de Lesbos.

A exposición fotográfica pode visitarse xa no corredor da planta baixa do Pazo da Cultura. Unha das fotografías da colección foi elixida para ilustrar o cartel oficial da Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2018. É un retrato dunha familia formada polo matrimonio Rhaman e Nazira de Afganistán, coa súa filla Yosama e os seus fillos Rami e Benjamín, tras a súa chegada nunha embarcación desde Turquía á praia de Skala Sikamineas na illa de Lesbos, co obxectivo final de chegar a Suíza. Unha mostra inédita que paga moito a pena visitar. Non vola perdades!

Organiza: Concello de Carballo e Fundación Araguaney-Ponte de Culturas 

CICLO AMAL EN RUTA 

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D