Inicio Carballo ao día Axenda Vieiro pon en marcha o programa para adolescentes...

Vieiro pon en marcha o programa para adolescentes "Constrúe o teu mundo"

Luns 14 de xaneiro do 2019 Pola mañá - IES de Carballo Participación veciñal

Equipo de psicólogas de Vieiro

Equipo de psicólogas de Vieiro

A asociación Vieiro, dentro do Programa de prevención escolar, inicia nos tres IES de Carballo o programa de habilidades sociais Constrúe o teu mundo, destinado a alumnos/as de 12 a 16 anos (de 1º a 4º de educación secundaria).

O programa está dividido en tres bloques:

  1. Acompáñote: consta de 4 sesións sobre habilidades persoais e sociais e ten como obxectivo fundamental proporcionar aos alumnos/as as habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida diaria.
  2. Des-conecta: con 2 sesións que teñen como finalidade dotar ao alumnado de coñecementos básicos para a utilización das novas tecnoloxías dun xeito saudable e responsable.
  3. Ti elixes, no que se traballan 2 sesións a través das que se pretende facilitar información sobre as distintas sustancias adictivas ás que os mozos/as poidan tener acceso.
O programa Constrúe o teu mundo levarase a cabo durante o segundo trimestre do curso escolar 2018-2019. As sesións terán unha periodicidade semanal e unha duración aproximada de 55 minutos cada unha. Este programa será impartido polas profesionais Eva Periscal, Patricia Rodríguez Villar e Dalila Vizcaíno Regueira.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4