Inicio Carballo ao día Axenda Festas infantís e Cabalgatas dos Reis...

Festas infantís e Cabalgatas dos Reis Magos nas parroquias

Do sábado 5 de xaneiro ata o domingo 6 de xaneiro do 2019 Parroquias de Carballo Cultura

As Súas Maxestades de Oriente visitarán o sábado 5 varias parroquias de Carballo para saudar aos máis pequenos/as da casa e compartir con eles/as un dos días máis máxicos do ano. A partir das 17 horas, no local social de Imende a Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa Baldaio organizará unha festa infantil para a cativada con un montón de xogos e sorpesas para que a espera resulte o máis divertida posible. Á mesma hora, pero no Centro Social de Sofán dará comezo o tradicional Festival de Nadal, organizado pola asociación de veciños San Salvador. Un concurso de sobremesas e a actuación do mago Álex farán as delicias de nenos/as e maiores mentres agardan a chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar. Os Reis Magos tamén se achegarán ata o Centro Social de Oza, convidados pola asociación de veciños Torre Vixía, para escoitar as peticións de todos os cativos e cativas que se acheguen ata alí a partir das 19:30 horas.

As Cabalgatas do Reis Magos tamén visitarán as parroquias de Ardaña, Artes, Berdillo, Entrecruces e Sísamo. En cada unha, a comitiva realizará o itinerario de costume respectando os horarios de anos anteriores. 

O domingo 6, as cabalgatas dos Reis Magos chegarán ás parroquias de Razo, Cances e Sofán seguindo os horarios e itinerarios de costume. Ademais, na Igrexa da Brea, a Asociación Cultural Mestra Cancela celebrará o tradicional agasallo de Reis ao que están convidados todos os nenos e nenas que queiran acudir. Será ás 10:00 horas.  

Organizan: Asociacións das diferentes parroquias 
Colabora: Concello de Carballo 




Compartir:


- 2019 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D