Inicio Carballo ao día Axenda Cancións para desafinar coa Gramola...

Cancións para desafinar coa Gramola Gominola

Venres 28 de decembro do 2018 18:00 horas - Pazo da Cultura Cultura

A Gramola Gominola segue apostando polo rock en galego destinado a público familiar, garantindo moita diversión e enerxía a través da música e descubrindo estilos moi diferentes que van desde o blues ao reggae, pop, country ou ska. Toda unha declaración de principios e un espectáculo para vivir, desfrutar, bailar, cantar e, por suposto, desafinar. Atréveste? 

A Gramola Gominla, creada por Pakolas (Paco Cerdeira), é unha das mellores bandas de rock infantil do momento, acadando o Premio Martín Códax de música 2018.

Público: A partir de 3 anos
Entrada: 3€/2€ (máis gastos de xestión)
Venda anticipada: Ata o 28 de decembro en www.ticketea.com ou no teléfono 902 044 226 de 09.00 h a 22.00h/ Máx. 4 por persoa.
Venda directa: Na billeteira do Pazo da Cultura os días de función desde ás 16.30 h
Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: AGADIC

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D