Senda Nova achegará ao nenos/as a figura do Apalpador
Xoves 20 de decembro do 2018 19:00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura
![](media/../media/img/0apalpador.jpg)
Coñecedes ao Apalpador? Gustaríavos conversar persoalmente con el para trasladarlle as vosas peticións de Nadal? Pois non vos preocupedes porque esta semana teredes ocasión de facelo durante a visita que vai realizar a Carballo procedente das montañas de O Courel, en Lugo. Un encontro moi entrañable, dirixido aos nenos e nenas do municipio e ás súas familias, que nos achegará á súa figura para descubrir un pouco máis sobre as súas orixes e coñecer mellor o seu día a día.
Como cada ano, deixaranos interesantes historias sobre a natureza e algún que outro consello para saber como podemos contribuír a coidar e protexer a nosa contorna. Todos os/as participantes terán tamén a oportunidade de contarlle cales son os seus agasallos favoritos para este Nadal, entre os que, por suposto, seguro que figuran moreas e moreas de libros.
Se non queres perder a oportunidade de ver de preto ao mesmísimo Apalpador e preguntarlle todo o que sempre quixeches saber sobre el, non faltes a esta visita tan especial que vai facer da man de Senda Nova. Anímate e participa!
Público: Todas as idades
Entrada: LIbre e de balde
Organiza: Asociación Ambiental Senda Nova
Colabora: Concellaría de Cultura