Inicio Carballo ao día Axenda "Mulleres construíndo...

"Mulleres construíndo soberanía alimentaria", xornada da Asociación Labregas

Venres 14 de decembro do 2018 18.00 horas - Pazo da Cultura

A Asociación Labregas elixiu Carballo coma sede da xornada “Mulleres construíndo soberanía alimentaria”, unha iniciativa que forma parte da campaña que está a desenvolver en colaboración coa Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego para reivindicar a recuperación e o intercambio de variedades autóctonas de sementes, ademais de revitalizar o patrimonio hortícola e froiteiro de Galicia.

O encontro, que se celebrará este venres 14 no Pazo da Cultura, comezará coa intervención da secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, que será a encargada de presentar ás participantes. Todas elas son mulleres que están a desenvolver proxectos empresariais pioneiros no sector agrario. É o caso de Sabela Facal, que nestes momentos está somerxida nunha experiencia avícola ecolóxica, pero que xa ten impulsado outras coma O Forno das Candeas ou O Sequeiro da Portela. Con ela estarán María Pardo Barbeito, horticultora ligada dende nena á loita das Encrobas e que se enfrontou a nivel persoal contra a contaminación da central térmica de Meirama; Vanessa Puente e María Chouciño, que traballan con plantas aromáticas, e Lucía Lorenzo, da Casa dos Caseiros, que tamén se dedica á horta e comercializa parte da súa produción a través de Internet.

O acto, que comezará ás 18.00 horas, está aberto á participación de todo o público interesado.

Compartir:


- 2019 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D