Inicio Carballo ao día Axenda Tangos e fados con Mano a Mao

Tangos e fados con Mano a Mao

Sábado 15 de decembro do 2018 20:30 horas - Casino 1889 Cultura

O artista coruñés Carlos Liñares e os músicos Marcos Martín (baixo e voces), Pablo Rodríguez (violín) e Lisandro Abelaidas (congas y percusión) son os compoñentes do grupo MANO A MÃO, que chega a Carballo da man do Casino 1889 para presentar o seu último traballo "Dois Portos", un espectáculo musical de tangos e fados que fará as delicias dos/as amantes de ambos xéneros, interpretando algúns dos temás más clásicos e populares de ambos estilos, moi presentes nas traxectorias profesionais de todos os compoñentes da formación. 

Unha oportunidade única que non debedes deixar escapar, xa que se trata da única actuación prevista antes do seu debut no Teatro Rosalía da Coruña, o próximo día 28. Non volo perdades!

Entrada: 3 € / Socios: de balde
Organiza: Casino 1889

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D