Aloumiños celebra o festival IncluSÓN co espectáculo "O Cardume"
Venres 30 de novembro do 2018 18.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Participación veciñal
Un ano máis, a asociación Aloumiños organiza o Festival IncluSÓN, que nesta ocasión coincidirá co Día Internacional da Diversidade Funcional, o 3 de decembro. Arredor desta data, a compañía Xarope Tulú representará a súa peza O Cardume nos colexios de Nétoma-Razo, A Cristina e Gandara-Sofán, e rematará a súa andaina o venres 30 de novembro ás 18.00 horas na Biblioteca Rego da Balsa.
Para asistir a este último pase é preciso recoller os convites, a partir do luns 26, en horario de 10.30 a 20.30, na mesma Biblioteca Rego da Basa. As prazas son limitadas e permitirase o acceso dunha persoa adulta por neno/a.