Inicio Carballo ao día Axenda Gala 70 Aniversario da orquestra Trébol

Gala 70 Aniversario da orquestra Trébol

Xoves 6 de decembro do 2018 14.00 horas - Restaurante Aldeola Participación veciñal

A Orquesta Trébol, de Carballo, cumpre 70 anos e quere celebrar este simbólico aniversario con todos os seus amigos e seguidores nunha gran gala que se celebrará o vindeiro 6 de decembro no Complexo-Restaurante Aldeola de Cerqueda (Malpica). Esta festa de aniversario converterase na 1ª Xuntanza de Treboleiros, da que agardamos poder celebrar moitas edicións máis.

A Gala 70 Aniversario comezará ás 14.00 horas cun xantar que inclúe aperitivos (croquetas caseiras, empanada galega, boliñas de melón con xamón e calamares á romana), ameixas á mariñeira, lenguado á prancha, medallóns de solombo ibérico con guarnición, sobremesa caseira e bebidas, todo por un prezo de 25 euros.

A 1ª Xuntanza de Treboleiros reunirá a ex-compoñentes da orquestra que desempeñaron un papel moi importante ao longo destes 70 anos. A orquestra tocará os seus grandes éxitos coa colaboración dos artistas convidados, e para que esta Gala 70 Aniversario sexa inesquecible para todos haberá moitísimas sorpresas. Se queredes descubrilas só tedes que anotarvos antes do 3 de decembro chamando aos números de teléfono 626191328 – 628082407- 981720006.

Compartir:


- 2018 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
24
25
26
27
28
29
30
31