Fase local da competición autonómica de campo a través escolar
Venres 30 de novembro do 2018 10.00 horas - Polígono de Bértoa Deporte
![](media/../media/img/IMG-20150116-WA0010.jpg)
O Concello de Carballo, en colaboración co Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Atletismo, organiza un ano máis unha das fases locais de campo a través que forman parte do programa autonómico Xogade, destinado a escolares.
O prazo de inscrición de atletas rematará o día 23 de novembro ás 14.00 horas.
Este ano, coma novidade, a proba que se disputará en Carballo será clasificatoria para un campionato específico entre centros educativos.
Toda a información sobre a proba pode consultarse no documento adxunto.