Aberto o prazo para participar no concurso de fotografía sobre o alzhéimer
Do venres 19 de outubro ata o domingo 11 de novembro do 2018 Afaber Participación veciñal
A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños (Afaber) convoca unha nova edición do Concurso de fotografía sobre o alzhéimer, co que pretende visibilizar a enfermidade e outras demencias.
As persoas interesadas en participar poden enviar ata 3 fotografías explicando brevemente o seu significado. O prazo remata o 11 de novembro.